A actuación contempla a instalación enerxía fotovoltaica sobre as cubertas da azotea do mercado destinada á xeración eléctrica renovable en réxime de autoconsumo con compensación de excedentes sobre os servizos xerais do edificio.
En concreto estímase a implantación dun campo solar formado por un máximo 28 paneis de 450 Wp, cunha potencia pico de xeración de 12,6 kWp e a substitución do sistema de iluminación por tecnoloxía máis eficiente como é a iluminación LED.
Substituiranse as luminarias interiores existentes por sistemas de iluminación LED de alto rendemento, co obxectivo de mellorar significativamente a eficiencia enerxética no edificio.
“Este proxecto non implica alteracións na estrutura do edificio nin na súa fachada, senón que se centra na actualización das luminarias interiores para lograr un uso máis eficiente da enerxía” informou o rexedor, Luís Pérez.
Proxéctase a instalación de paneis fotovoltaicos de 600 W de potencia nominal, monocristalino, que destaca pola súa calidade e elevada eficiencia superando o 23%. garantía de produto de 15 anos e unha garantía de potencia de ata 30 anos asegurando unha potencia superior ao 88%. Desta forma o Concello de Ribeira segue avanzando na mellora da eficiencia enerxética nas instalacións municipais coa finalidade de diminuír a pegada de carbono