Se as solicitudes recibidas superasen o número de postos que por capacidade e organización se poidan instalar no interior da carpa, realizarase un sorteo público no salón de plenos do Concello
17 octubre, 2025
O Concello de Carnota organiza, como xa vendo sendo habitual, un mercado os días 27 e 28 de decembro de 2025 e unha festa de fin de ano con orquestra e discoteca móbil.
Aquelas persoas/empresas interesadas en poñer un posto durante o mercado (comercio, artesanía, restauración, cantina, etc.) deberán presentar a súa solicitude a través do rexistro ou sede electrónica do Concello dende o 17 de outubro ata o 17 de novembro de 2025.
Tanto o Mercado como a Festa celebraranse no interior dunha carpa na praza San Gregorio de Carnota polo que o número de postos e cantinas estará limitado. No caso das cantinas prevalecerán as solicitudes das asociacións culturais.
Se as solicitudes recibidas superasen o número de postos que por capacidade e organización se poidan instalar no interior da carpa, realizarase un sorteo público no salón de plenos do Concello, diferenciado por cada tipoloxía de posto, o 18 de novembro de 2025 ás 12:00 horas.
Unha das visitas obrigadas de todo aquel que se achegue ao termo municipal de Cervo é o Parque Natural de Sargadelos, situado na parroquia do mesmo nome. Dende Cervo pódese acceder a Sargadelos mediante un agradable paseo polo Camiño Real bordeando o Río Xunco e contemplando diversas fervenzas e muíños de auga. Unha vez chegados ás inmediacións do Parque Natural de Sargadelos, as suxestivas paisaxes invaden a vista do tranquilo verdor, destacando o Conxunto Histórico Artístico, cos restos das Antigas Fundicións e Fábricas de Louza, fundadas por Antonio Raimundo Ibáñez, Marqués de Sargadelos, no século XVIII. Neste enclave natural pódese camiñar polo Paseo dos Namorados que finaliza nunha bonita fervenza. Así mesmo, pódense contemplar nos seus arredores frondosos bosques salpicados de casas rurais, como a Casa da Administración ou o Pazo do Marqués de Sargadelos, que definen a súa paisaxe como rural e señorial. Fotos: Concello de Cervo e DS
O Centro de Emprendemento do Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos está ubicado no Antigo Edificio das Cabalerizas, reformado e acondicionado polo Concello de Cervo, con fondos procedentes da Xunta de Galicia, para a creación dun centro de artesanía e de actividades singulares adaptadas á contorna. Fotos: Concello de Cervo