A pasada edición da Sin-Son 10k 2024 pechouse sendo todo un éxito, onde volveu colgar o cartel de completo e na que Adrián Ben e Edymar Brea alzáronse coa vitoria, na categoría masculina e feminina respectivamente
25 octubre, 2025
A carreira Sin-Son 10k volve este 2025 baixo o lema Corremos mirando ao mar e consolidada como unha das probas referentes desta categoría.
As inscricións xa están abertas polo que as persoas interesadas poderán anotarse a través da páxina web de emesports. Ademais, no vindeiro mes de novembro levarase a cabo a presentación oficial da proba.
Máis de 1.500 persoas corredoras
A pasada edición da Sin-Son 10k 2024 pechouse sendo todo un éxito, onde volveu colgar o cartel de completo e na que Adrián Ben e Edymar Brea alzáronse coa vitoria, na categoría masculina e feminina respectivamente.
A proba celebrada o pasado decembro acolleu a máis de 1.500 corredores/as e onde o padriño da cita foi o propio Adrián Ben, campión europeo de atletismo en pista cuberta e diploma olímpico, que foi ademais o atleta triunfador da proba ao cruzar a liña de meta en primeiro lugar parando o crono en 29:37’.
A Sin-Son 10k, como proba xa consolidada, conta cun elenco de atletas invitados que participaron en anteriores edicións entre os que figuran nomes tan ilustres como Martín Fiz; Solange Pereira; Chema Martínez; Esther Navarrete ou Iván Raña.
O alcalde de Porto do Son, Luis Oujo, destacou que “confiamos en que esta nova edición volve a ter unha gran acollida como todas as edicións anteriores. A Sin-Son é moito máis que un evento deportivo. É unha cita cultural, gastronómica e dinamizadora que evoluciona cada ano. Estamos moi contentos e orgullosos de poder ter na nosa vila esta proba que é un auténtico referente para todo tipo de corredores e un gran escaparate para Porto do Son”.
GALERÍA: