A Xuntanza de Empresarios de Ames vén de ser recoñecida como Centro Comercial Aberto

O recoñecemento como Centro Comercial Aberto (CCA) permitirá a XEA acceder a liñas específicas de apoio e subvencións da Xunta de Galicia, ademais de fortalecer a súa imaxe como referente do comercio local. Isto inclúe iniciativas de dixitalización, mellora da imaxe urbana, promoción conxunta e formación para os negocios asociados