29 junio, 2024
A Unidade Móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) volve visitar o municipio de Silleda o martes 2 de xullo de 10:00 a 14:00 e pola tarde de 16:00 a 21:00 horas.
Como ven sendo habitual, a Unidade Móbil estará instalada a carón da Casa do Concello, na rúa do Progreso, 42.
O Concello de Silleda e a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue de Galicia amosan o seu agradecemento a todas as persoas que participan nestas campañas, xa que o xesto solidario das doazóns contribúe a mellorar a saúde de moitos doentes.