A “Sinfonía Bergantiños”, que xa pode escoitarse e todo o mundo a través das principais plataformas dixitais, chega ao mercado en formato CD

O seu autor e promotor, Sergio Moure, estivo acompañado polo alcalde de Carballo, Daniel Pérez; a concelleira de Cultura e Festas, Maruxa Suárez; o director do Conservatorio Profesional de Música do Concello de Carballo, Javier Bardanca, e o director da Orquestra Gaos, Fernando Briones. No acto participaron tamén outras persoas que tiveron moito que ver co nacemento desta obra sinfónica, como o ex alcalde Evencio Ferrero; a responsable de Comunicación do Concello de Carballo, Cristina Abelleira, que coordinou o proxecto, ou as cantareiras das agrupacións carballesas, representadas por Gema Moreira