5 junio, 2024
A Romaría da Rapazada, unha festa única en Galicia, volta a Silleda o vindeiro domingo 30 de xuño. A cita, que cumpre 34 anos, dá un xiro na súa oferta respecto ás últimas edicións, cunha organización na que tamén estarán as Anpas do municipio (Anpa Raparigos, Anpa Brincadeira e Anpa Musiquiños) e que apostará por actividades máis sustentables relacionadas ca igualdade, a solidariedade ou o coidado do medio, entre outros.
O programa, que se dará a coñecer nos vindeiros días, incluirá obradoiros, xogos populares, exhibicións… e tamén se recupera o desfile de moda con traxes feitos con material de refugallo.
Prazo aberto para o desfile de moda de refugallo e voluntariado
Todos os nenos e nenas que desexen desfilar poden anotarse xa no Concello, remitindo un mail a info@silleda.gal, indicando nome, apelidos e idade. O prazo estará aberto ata o vindeiro martes 18. Con posterioridade celebraránse obradoiros previos para a confección dos traxes.
Nesta edición, a organización contará tamén ca participación de persoas voluntarias, que axudarán nas actividades e montaxe, na que tamén se prevé a implicación directa da rapazada, recuperando o espíritu inicial da romería.
Tamén haberá obradoiros nas que participarán distintas entidades locais e comarcais.
“Nos vindeiros días iremos dando a coñecer a programación para a xornada do día 30”, indica a alcaldesa, Paula Fernández, ao tempo que agradece a implicación e participación tanto das Anpas, como das entidades sociais e persoas voluntarias que estarán presentes nesta 34 edición.