25 octubre, 2024
No 31 de outubro celébrase o Samaín e a Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal lanza dúas actividades para pasa-lo de medo nesta data. A alameda converterase nun xardíns terroríficos, polo cal estará ambientada para a ocasión. Será a partir das 20.00 horas e a participación non require a inscrición previa.
E, no teatro cine Elma, proxectarase o filme Scream 6, ás 21.00 horas. Esta instalación municipal tamén estará decorada e disporase dun photocall para inmortalizar esta xornada. E, no remate, servirase chocolate con churros.
“Outro ano máis apostamos por celebrar este día, polo cal lles damos continuidade aos xardíns do terror e incorporámo-lo cine a esta axenda. Convidamos a que todo o mundo asista disfrazado para acentua-la atmosfera terrorífica. Será unha xornada en que non quitarémo-lo susto do corpo”, sinala a concelleira da Cultura, Patricia Lojo.
Como apunta a técnica municipal desta área, Fita Sanisidro, conxúgase unha cita ao aire libre con outra no interior e ámbalas dúas son de balde.