22 octubre, 2024
A gastronomía volve ser protagonista en Silleda este mes da man dun dos produtos típicos do outono. Así, a parroquia de Breixa celebra o sábado día 26 a XXIII Festa da Castaña, organizada pola Asociación Cultural O Cruceiro de Breixa en colaboración co Concello de Silleda. Será a partir das 21.30 no campo da festa, que estará cuberto.
O menú está composto por panceta, castañas asadas, postre, pan viño e café. As entradas custan 15 euros e poden mercarse no Bodegón de Esther (Silleda); Bar Sanse, no Castro; na taberna de Martixe e no centro cultural de Saídres.
A velada estará amenizada polo dúo Punto Zero. A comisión tamén sorteará dous lacóns entre os asistentes.