25 septiembre, 2024
Este sábado, 28 de setembro, ás 19:30 horas, o Centro Socio Cultural de Vedra será escenario dunha experiencia cultural única coa emisión en directo da ópera Adriana Lecouvreur, representada en vivo no Teatro Real de Madrid. Grazas á pertenza de Vedra á Xunta de Goberno da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), da cal o alcalde Carlos Martínez Carrillo forma parte, esta será a primeira vez que unha proposta desta envergadura chegue ao municipio, sumándose ás máis de 250 localizacións en todo o Estado que retransmitirán a obra.
A asistencia ao evento será totalmente gratuíta, brindando unha oportunidade excepcional para os veciños e veciñas de Vedra de desfrutar dunha obra mestra da ópera a tempo real. Adriana Lecouvreur, inspirada na vida da famosa actriz francesa Adrienne Lecouvreur, sitúa a súa trama no París do século XVIII, ofrecendo unha celebración da vida teatral, con escenografía e música que evocan a época.
Esta representación, que forma parte da novena edición desta iniciativa de emisión en directo dende o Teatro Real, promete ser unha cita ineludible coa cultura en maiúsculas.