6 de diciembre de 2025
21 noviembre, 2025
A Escola Judo Club Boqueixón e o Concello de Boqueixón poñen en marcha un obradoiro de defensa persoal destinado a mulleres e mozas do municipio. A actividade terá lugar o venres 28 de novembro, de 20:00 a 22:00 horas, no ximnasio municipal do Forte. A participación é totalmente gratuíta, aínda que require inscrición previa a través do correo electrónico escolajudoclub@gmail.com.
Esta iniciativa encádrase no proxecto Iberdrola Judo Rural e consistirá nunha sesión práctica, segura e adaptada a todos os niveis, na que as participantes aprenderán técnicas básicas de autoprotección, prevención e confianza corporal, co obxectivo de fomentar a seguridade e a autonomía persoal das mulleres.