O alcalde de Ames, Blas García, destacou que “é unha gran noticia que unha empresa de referencia internacional como TAGG Worldwide aposte por producir en Ames
26 octubre, 2025
TAGG Worldwide convidou ao alcalde de Ames, Blas García, á concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, e á concelleira de Promoción da Saúde, Susana Señorís, a un acto no que mostrou os novos produtos médicos que está producindo nas súas instalación de Bertamiráns. Trátase de novo material sanitario para as áreas de xinecoloxía, uroloxía, cirurxía xeral, e outras áreas médicas.
Nesta xornada tamén participaron importantes doutores/as e directores de empresas doutros países como Tom Gordy, CEO de CAST Surgical e de TAGG Worldwide, empresa americana de Atlanta; Antoine Keller, cardiólogo torácico de New Orleans; Farinaz Seifi, xinecóloga de Washington, Javier Magrina, xinecólogo da Mayo Clinic Arizona; e Vadim Morozov de Washington DC. Todos eles foron recibidos por Sergio Parente, director comercial e executivo de CAST Surgical e TAGG Worldwide.
O alcalde de Ames, Blas García, destacou que “é unha gran noticia que unha empresa de referencia internacional como TAGG Worldwide aposte por producir en Ames. Este tipo de proxectos sitúan o noso concello no mapa da innovación e da industria sanitaria de vangarda. Conic Vascular é unha empresa á vangarda no mapa da innovación e da produción na industria sanitaria e dende este concello non podemos estar máis contentos de que sexa embaixadora de Ames no mundo enteiro”.
Novos produtos médicos de TAGG Worldwide
Todas estas entidades e empresas mostraron o seu interese en coñecer os novos produtos médicos que está producindo TAGG Worldwide, por este motivo viaxaron ao concello de Ames co obxectivo de coñecer in sito o material médico no que está traballando a empresa amesá e ao mesmo tempo coñecer as súas instalacións.
Asemade, dende TAGG Worldwide queren ter unha mención especial para o profesor e doutor, Helder Ferreira, xa que os días 16 e 17 de outubro, participaron no XVIII SPSMIN Congress, en Porto. TAGG Worldwide puido dar a coñecer os seus novos produtos médicos en dito congreso.
Dende TAGG Worldwide, o seu director executivo, Sergio Parente, explica que “quixemos mostrar os nosos últimos produtos a importantes doutores/as e directores de empresas doutros países e ao goberno municipal de Ames. Dende hai anos levamos traballando no concello de Ames co obxectivo de mellorar a produción de material sanitario e médico para mellorar vida da cidadanía. Todos estes novos produtos médicos serán producidos en Ames”.