A Deputación e o Concello de Cee inician as obras do complexo deportivo de San Paio de Refoxos, en Cee, cun investimento de medio millón de euros

A actuación permitirá modernizar por completo o recinto deportivo, con especial atención á construción dun novo campo de fútbol 7 de herba artificial, así como á mellora da accesibilidade, o saneamento e o aparcamento das instalacións