A Deputación e o Concello de Carnota culminan as obras do novo auditorio municipal de O Viso, cun investimento de 300.000 euros

O novo auditorio conta con 230 butacas e é unha das 45 obras financiadas en Carnota polo Plan Único da Deputación, o principal programa de cooperación municipal da provincia. O investimento total ronda os 300.000 euros, dos que a Deputación achegou un 80% e o Concello o 20% restante