A Deputación apoiará con 200.000 euros ao Concello da Baña para o arranxo da estrada entre Lañas e O Pazo

A institución provincial contribuirá con 200.000 euros, que supoñen dous terzos do orzamento total contemplado no proxecto. O importe restante, ata completar os 299.999,98 euros (impostos incluídos) nos que está calculado o investimento necesario, sufragaranse con cargo ás arcas municipais