16 octubre, 2024
A área de Igualdade do Concello de Curtis, a través do CIM, inaugurou este martes unha mostra de Carmen Seijas na Casa-Museo María Antonia Dans. A exposición está formada por 17 pezas nas que a artista betanceira reflexiona sobre a identidade femenina. A mostra pode visitarse de martes a venres en horario de 11:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:00 horas. Os fines de semana a casa-museo permanecerá aberta en horario de mañá de 10:00 a 13:00 horas.
Nesta exposición abórdase a figura da muller, explorando temas relacionados coa identidade femenina, o corpo e as emocións así como a vinculación da muller e a natureza, a terra e o rural.