Este foi o primeiro acto do programa FOLLAS DE OUTONO; un ciclo cultural ao redor da literatura organizado polo Concello de Zas e que se prolongará durante os meses de outubro e novembro
8 octubre, 2025
Máis de 100 persoas – entre actores, actrices, técnicos e colaboradores – da zona, máis de 40 obras representadas, centos e centos de quilómetros percorridos, unha xira a Suíza, a colaboracións coa Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose e ducias e ducias de espectadores rindo sen parar son algúns dos datos que resumen a historia de “Badius” e están recollidos no libro “Badius: Historia dun grupo de teatro afeccionado (1984-2024)” que se presentou o pasado sábado no Auditorio de Baio.
Este foi o primeiro acto do programa FOLLAS DE OUTONO; un ciclo cultural ao redor da literatura organizado polo Concello de Zas e que se prolongará durante os meses de outubro e novembro. E este é o quinto libro editado polo Concello de Zas como unha mostra máis da aposta do Goberno Municipal pola posta en valor da nosa historia, das nosa xente e do noso patrimonio.
Manuel Muíño, Alcalde de Zas, tivo palabras de agradecemento para o autor do libro – Ricardo Vigueret – e recordou o fervor cultural da época na que se consolidou Badius, a comezos dos anos 80, que coincidiu coas primeiras edicións da Festa da Carballeira de Zas. “Tantos anos despois seguen a ser dous referentes culturais de grande importancia para o noso Concello e polos que se sempre apostamos”, sinalou Muíño quen tamén recordou os seus inicios sobre un escenario como actor de Badius.
Ricardo Vigueret – autor do libro e director de Badius durante toda a súa andadura, xunto con Alberto Villar, – fixo unha viaxe no tempo para repasar os 40 anos da historia de Badius que se recollen neste volume no que as fotografías ocupan un lugar moi importante. “Foron 40 anos de risas, de bromas,… dentro e fóra do escenario. Unha viaxe chea de moi bos momentos”, sinalou Ricardo. “Badius é a familia do teatro a que sí escollemos. Esa familia que marcou unha etapa nas nosas vidas”, recalcou. En varias ocasións, Ricardo Vigueret reivindicou “o Día das Letras para Labarta Pose” a quen Badius ten moi presente na súa historia con varias obras adaptadas e representadas. “Estamos preparando unha nova obra de teatro de Labarta Pose que estrearemos o ano no que se lle adique o Día das Letras Galegas”, adiantou.
O autor do libro tamén quixo agradecer a todas as persoas que fixeron que Badius se mantivese vivo durante todos estes anos nos que pasaron por malos momentos, como a pandemia.
Acompañado dun caloroso aplauso a intervención de Ricardo Vigueret rematou cun “Que viva a risa e que viva Badius”. A presentación pechouse cunha gran foto de familia con todos os actores e actrices presentes no acto.
O seu autor e promotor, Sergio Moure, estivo acompañado polo alcalde de Carballo, Daniel Pérez; a concelleira de Cultura e Festas, Maruxa Suárez; o director do Conservatorio Profesional de Música do Concello de Carballo, Javier Bardanca, e o director da Orquestra Gaos, Fernando Briones. No acto participaron tamén outras persoas que tiveron moito que ver co nacemento desta obra sinfónica, como o ex alcalde Evencio Ferrero; a responsable de Comunicación do Concello de Carballo, Cristina Abelleira, que coordinou o proxecto, ou as cantareiras das agrupacións carballesas, representadas por Gema Moreira