21 noviembre, 2025
VENRES 21 · XXI ZONA DA ZANFONA · ARZÚA
CONCERTO · 21:00 · CAPELA DA MADANELA
Entrada libre até completar capacidade.
María López – “Daydreaming”
A artista naronense presenta o seu primeiro traballo en solitario, con doce pezas que amosan a versatilidade da zanfona e unha estética persoal e contemporánea.
Steve Tyler & Katy Marchant – “Worldes Blis”
O dúo inglés chega por primeira vez a Galiza cun programa que percorre música medieval, tradicional europea e composicións propias. Emprégase zanfona, gaitas, frautas, cítara e unha réplica do organistrum da catedral de Santiago. Un concerto excepcional para amantes da música de raíz e antiga.
CURSOS · 16:00–20:00 · CENTRO SOCIAL DE SANTA MARÍA
Prazas limitadas. Inscrición en zanfona.folque.com
Iniciación á zanfona – Óscar Fernández
Para persoas sen experiencia previa. Non é necesario ter instrumento: o festival fornece zanfonas. Unha oportunidade perfecta para achegarse ao instrumento cun dos nomes de referencia do folque galego.
As músicas de Julio Vázquez Carril – Iván Abal
Dirixido a persoas iniciadas. Curso de especialización centrado na adaptación á zanfona do repertorio do gaiteiro de Maroxo, traballando ornamentación, ritmo, articulación e técnica avanzada.