
26 octubre, 2025
Representantes das entidades socias do proxecto europeo ULTREIA SUDOE, cofinanciado polo programa Interreg Sudoe, nos que se atopa a Xunta de Galicia a través do Xacobeo, reuníronse en Toulouse (Francia) para celebrar dúas xornadas de traballo técnico e actividades de intercambio no marco da cooperación transnacional sobre os Camiños de Santiago, centradas fundamentalmente na accesibilidade e inclusión.
A reunión congregou a institucións de España, Francia e Portugal implicadas na valorización cultural, turística e socioeconómica dos itinerarios xacobeos e desde o Xacobeo afondouse na experiencia da Xunta de Galicia na xestión do Camiño de Santiago, a través de distintas iniciativas como as medidas de accesibilidade nos albergues públicos da Rede Pública do Xacobeo no marco do Plan Director dos Camiños de Santiago 2027.
A xornada incluíu unha visita técnica ao Camiño de Santiago, entre as localidades de Sainte-Juliette e Lauzerte onde os socios do proxecto percorreron a pé este tramo emblemático co propósito de analizar in situ os recursos patrimoniais, naturais e turísticos vinculados ao itinerario xacobeo.
Avaliáronse directamente aspectos clave para a implementación de accións piloto no marco do proxecto ULTREIA SUDOE, reforzando o enfoque territorial e a cooperación transnacional ao redor dos Camiños de Santiago. Proximamente un grupo de persoas con discapacidade, xunto con profesionais de Amica, Fundación Camino Lebaniego e COCEMFE Cantabria, continuará traballando na cuarta análise de accesibilidade e inclusividade do proxecto, centrada esta vez no contorno de Eauze. O encontro concluíu coa planificación dos próximos fitos, entre eles a celebración do Seminario Internacional 2026, accións formativas sobre inclusividade, e a próxima reunión de socios, que terá lugar en Galicia.
Vista posta no Xacobeo 2027
O proxecto ULTREIA SUDOE iniciouse en 2024 e está previsto que se expanda ata fins de do 2026, coa vista posta no Xacobeo 2027. As dúas liñas principais de acción desenvoltas ata a data encamiñáronse á identificación de recursos materiais e inmateriais dos Camiños, así como á achega ao público dos recursos e valores das distintas rutas. O obxectivo final é promover as actividades de interior, á vez que se traballa a favor dos territorios rurais polos que discorren os itinerarios. A iniciativa conta cun orzamento de 1,4 millóns de euros, financiados nun 75% polo programa Interreg SUDOE.
Foto de archivo con el director artístico del Festival de Sanremo, Amadeus (izda), el músico italiano Beppe Vessicchio (3-izda) con miembros de la banda italiana Le Vibrazioni y la cantante Sophie Scott (3-dcha) de la banda británica Sophie and The Giants en el escenario del teatro Ariston durante el 72º Festival de la canción Italiana de Sanremo, en Sanremo, Italia, 04 de febrero de 2022. EFE/EPA/Riccardo Antimiani