
Durante o acto, o deputado provincial Antonio Leira destacou que 'Arte no Camiño' "transforma as rutas xacobeas en espazos de creación, onde cada mural dialoga co territorio e enriquece a experiencia de quen percorre o Camiño", e reafirmou o compromiso da Deputación co apoio a iniciativas que lle dean visibilidade ao talento artístico da provincia
2 diciembre, 2025
A Deputación da Coruña inaugurou hoxe en Miño e Carral os novos murais do Camiño Inglés dentro da segunda edición de ‘Arte no Camiño’, completando así as intervencións estreadas a semana pasada en Negreira, Cee e Corcubión. O proxecto, impulsado pola institución provincial en colaboración coa Asociación de Concellos do Camiño Inglés e a Asociación de Concellos do Camiño Fisterra-Muxía, continúa a consolidarse como unha aposta estratéxica pola arte urbana e pola valorización cultural das rutas xacobeas.
Durante o acto, o deputado provincial Antonio Leira destacou que ‘Arte no Camiño’ «transforma as rutas xacobeas en espazos de creación, onde cada mural dialoga co territorio e enriquece a experiencia de quen percorre o Camiño», e reafirmou o compromiso da Deputación co apoio a iniciativas que lle dean visibilidade ao talento artístico da provincia.
En Miño, Raquel Germade presentou unha obra que convida á introspección sobre o acto de camiñar, evocando o que queda diante e detrás da paisaxe e a relación entre o peregrino e o territorio que atravesa. Trátase dunha imaxe contemplativa que busca facer máis consciente á persoa transeúnte do traxecto que está a percorrer.
Pola súa banda, en Carral, Isa Bermúdez inspirouse nas antigas lendas sobre fontes con propiedades curativas e na tradición que conta como moitos e moitas peregrinas medievais recuperaban a saúde ao chegar a Galicia. A artista representa unha peregrina envolta nunha aura máxica, acompañada de paxaros e avanzando na noite na procura desa fonte simbólica de vida e curación que, segundo a memoria popular, existía nas terras carralesas.
Estes dous novos murais complétanse cos inaugurados a semana pasada nas vilas de Negreira, Cee e Corcubión, configurando un percorrido artístico que une creación contemporánea, identidade local e experiencia xacobea. Con esta nova edición, ‘Arte no Camiño’ reafírmase como un dos proxectos culturais máis singulares vinculados ás rutas xacobeas na provincia da Coruña.
Militantes del BNG impiden. el día 18 de octubre de 1985, en el Hostal dos Reis Católicos, en Santiago de Compostela, la retransmisión del programa "La Clave" (TVE), por motivos de "discriminación". El espacio, presentado por José Luis Balbín, estaba dedicado esta semana a "La Autonomía de Galicia", habiendo invitado a representantes de todos los partidos políticos, a excepción del BNG. Fotos: EFE, MB y DS
En medio del bosque de robles más grande y bello de Galicia, a dos leguas de Santiago, se alza, en las encantadoras orillas del río Tambre, este plácido Asilo, regalado por la Condesa de Bugallal para retiro de los ancianos pobres de Viana do Bolo y Ponteareas, pueblos de los Condes. Acaba de ser inaugurado (año 1919). Fotos: J. Solá (Vida Gallega) y AG